lunes, 16 de enero de 2012

INMIGRANTE VÍTIMA, NON VERDUGO



OS NOVOS RECORTES DA XUNTA DE GALICIA DEIXARÁN SEN SANIDADE A MÁIS DE 5.000 INMIGRANTES
A Xunta de Galicia vén de aprobar unha nova Lei que suprime a sanidade pública –excepto os servizos de urxencia- aos inmigrantes que leven menos de 6 meses empadroados en Galicia.
Cando se cumpren só 5 meses da presentación dun informe de La Caixa que demostra que os inmigrantes aportan á nosa sociedade máis do que reciben dela, o Goberno da Xunta segue novamente a apretar aos máis débiles.
A nosa sanidade ten a posibilidade e o deber de atender a todos os que o necesiten, especialmente aos que son máis débiles, como é habitual entre os que teñen que emigrar. Pero ademais, é evidente como aproveitamos o esforzo dos inmigrantes na nosa terra, desde a colonia caboverdiana na pesca de Burela, os milleiros de portugueses que son explotados na construcción e tamén no campo, ou os sudamericanos que fan xornadas interminables na hostelería ou coidando anciáns. Sabemos que é así, pero a maiores, o citado informe, nada sospeitoso de solidario cos inmigrantes, pon sobre a mesa que a porcentaxe de gasto sanitario adicado á poboación inmigrante é ridículo, 10 veces inferior á media española, con só o 0,52% do total autonómico (datos do ano 2007).
Nestes días é noticia que a poboación galega segue envellecendo, e que a poboación inmigrante é unha riqueza que pode paliar parte deste problema. O Goberno de Feijóo sabe isto e nega a sanidade a máis de 5.000 persoas co pretexto da boa xestión dos servizos públicos. Non debemos aceptar esta inxustiza: toda persoa debe ter dereito á vida, por elemental solidariedade, non pola riqueza que nos aporta a inmigración, pero é que, ademais, aportan. ¿Por que arremeten contra os inmigrantes, sempre esmagando ao débil? Ese non é o espírito do noso pobo, e debemos amosarllo aos gobernantes facendo público o que pensamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario