viernes, 20 de abril de 2012

Desafiuzamentos en Compostela


Dende a plataforma STOP DESAHUCIOS non están a notar que se producira unha diminución dos casos dende que o goberno anunciou ese "código de boas prácticas".
"Segue habendo problemas para que os cidadáns se dirixan a nós, porque a xente non perdeu a culpabilidade que se lle fai sentir desde moitos ámbitos. Sinten vergoña, e os bancos aprovéitanse desa situación".
Nestes momentos, Stop Desahucios Compostela traballa en tres casos, todos eles na comarca. Roi engadiu que "a xente segue enfrontándose a ese problema en solitario, sen avogado, sen coñecer a lexislación e con sentimento de culpa".

BANCA = USURA

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada