jueves, 5 de julio de 2012

Stop Desahucios denuncia que NGB cometeu un delito de usurpación da propiedade




Stop Desahucios Compostela estuda iniciar accións legais contra Novagalicia Banco, ao que acusa de romper, o pasado 19 de xuño, o fecho dunha vivenda en Cambre da que a entidade só ten o 50% da propiedade e sen notificalo previamente. Na casa residen unha muller e as súas dúas fillas menores, e NGB posúe a metade da propiedade da vivenda, a través dun crédito impagado polo ex marido e pai, e para o que a casa servira como aval. Stop Deshaucios Compostela acusa o banco dun presunto delito de usurpación de propiedade.

O home (GP) contratara en 2008 unha póliza de crédito con Caixa Galicia. Stop Deshaucios afirma que esta débeda é privativa, xa que GP estaba xa separado, polo tanto, coa sociedade de gananciais disolta dende o ano 2002, quedando a vivenda por sentenza xudicial como domicilio das súas dúas fillas menores e da súa ex muller. Cando o banco lle reclamou a débeda, a súa situación impediulle facer fronte ao pagamento nas condicións impostas por Caixa Galicia.
Unha participación dunha vivenda é algo que non pode ser obxecto de desafiuzamento
GP tratou de negociar co banco a posibilidade de pagar a débeda en prazos asumibles para el, pero segundo o colectivo, "o banco foi implacable e negouse a negociar". A entidade comunícalle entón que vai ser embargada a súa única propiedade, o 50% da vivenda, cousa que el acata. Unha participación dunha vivenda é algo que non pode ser obxecto de desafiuzamento.
O 19 de xuño pasado, cando a ex muller de GP chegou á súa casa, descubriu que lle cambiaran o fecho da porta e cunha nota co selo do xulgado que lle dicía que lle deixaban as chaves nunha caixa de correo. Stop Desahucios denuncia que "o banco, no seu intento de quedarse coa vivenda, e en presenza dun representante do xulgado que actuou de forma presuntamente neglixente, rompeu o fecho da vivenda e só cando xa a romperan, se decataron que alí vivían a exmuller e as fillas, menores de idade, de GP e se deron conta de que o que estaban a facer era ilegal, que a exmuller de GP era propietaria do 50% do piso e que o que estaban a facer era un posible delito, co que cambiaron o fecho e lle deixaron unha nota na porta e as chaves na caixa de correo". Salientan, ademais, que "en ningún momento se recibira notificación por parte do xulgado de que se ía proceder ao cambio de fecho e ao desafiuzamento da vivenda".
"En ningún momento se recibira notificación por parte do xulgado de que se ía proceder ao cambio de fecho e ao desafiuzamento da vivenda"
GP foi ao xulgado, onde tomou acta de todo o asunto e onde a procuradora de NGB recoñeceu o erro cometido. Ante a gravidade dos feitos e ao abeiro da lei, a familia estuda emprender accións legais polo que considera un presunto delito de violación de morada e unha violación do dereito á intimidade.

Fte: www.praza.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada