miércoles, 2 de octubre de 2013

As forzas parlamentarias gastaron 4,29 millóns na campaña de 2012


Nomeadamente, as axudas oficiais achegan 15.530,93 euros por escano e 58 céntimos por voto, unhas cantidades ás que se engaden 16 céntimos por elector ou electora como compensación polos envíos de propaganda electoral. Isto implica que ao PP lle corresponderon 1,3 millóns de subvención, ao PSdeG 820.024,90 euros, a AGE 624.128,05 e ao BNG, 624.854,25 euros. O montante total das subvencións chega aos 3,4 millóns de euros, o que implica que se produciu un desfasamento de case un millón de euros a respecto do que os partidos e coalicións gastaron realmente.
A forza con representación parlamentaria que saíu peor parada na diferenza entre subvencións e gastos foi o PSdeG. Así, fronte aos 1,3 millóns que gastaron na campaña, os seus 297.584 votos e 18 escanos permítenlles recuperar 820.024,90, isto é, case medio millón menos. As segundas contas máis descompensadas son as do PP, que gastou millón e medio e recupera 1,3 millóns. Ségueo o BNG, cun gasto de 830.000 euros e pecha a lista AGE, cuxos gastos declarados e fiscalizados ascenderon a case 700.000 euros.
(...)

Todos recorren aos créditos

Tanto os devanditos desequilibrios como o propio financiamento das campañas antes da chegada das subvencións foron cubertos polos partidos, en boa medida, con operacións de crédito con entidades bancarias. Así, os grupos que tiñan representación parlamentaria antes das eleccións (PP, PSdeG e BNG) solicitaron anticipos das axudas, uns adiantos que a lei permite que ascendan ata o 30% dos cartos recibidos na anterior convocatoria electoral. Concretamente, os conservadores tiveron 550.655 euros de anticipo, os socialistas 417.715 e o Bloque, 287.186 euros.
As subvencións foron, precisamente, as garantías presentadas polos partidos ante os bancos para tramitaren os préstamos. Concretamente, o PP subscribiu unha póliza de crédito de 900.000 euros, o PSdeG fixo o propio con dúas -unha de 350.000 euros e outra de 209.000- e o BNG con outras tantas, no seu caso con límites de 220.000 euros e 280.000 euros. Pola súa banda, a coalición AGE como tal non realizou ningunha operación de endebedamento pero si o fixo un dos socios da coalición, Esquerda Unida, que pediu créditos por 150.000 e 160.000 euros e, ademais, sufragou dúas facturas por importe total de 98.425 euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario