martes, 28 de febrero de 2017

Isto escriben no blog do CPI Lorenzo Baleirón. ¡Graciñas!

OBRADOIRO: SOLIDARIEDADE COS REFUXIADOS.



Hoxe, martes 21 de febreiro, estiveron no noso CPI Teresa e Cristina, membros do Partido Solidaridad y Autogestión Internacionalista.
Co alumnado de 5º e 6º estivemos traballando a solidariedade cos refuxiados. Escollemos unha imaxe familiar, ubicámonos nun país,  imaxinamos uns motivos para a fuxida e... que levariamos na mochila?
A partir desta situación ficticia intentamos tomar conciencia sobre a realidade tan difícil que se está a vivir nestes momentos en distintos puntos do planeta.
Velaquí distintos momentos do obradoiro:







Agradecemos a Teresa e Cristina a súa presenza no noso cole e a reflexión que nos suxeriron:
A pequena acción que podemos desenvolver entre todos é moi importante


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada